Kristina Dmitruk gaña a II edición do Torneo Internacional de Tenis Femenino Cidade de Ourense

O asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, participou esta mañá no Club Santo Domingo, en Ourense, na entrega de premios do II Torneo Internacional de Tenis Feminino Cidade de Ourense, unha competición que conta co apoio do goberno provincial.  O torneo foi gañado por Kristina Dmitruk, que gañou na final a Nefisa Berberovic (7-5, 6-1).