Rexistro de entidades deportivas de Galicia

Altas no rexistro

A posta en marcha dunha entidade deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través dos servizos provinciais de Deporte das delegacións provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia, agás as federacións deportivas galegas, que se tramitarán na Secretaría Xeral para o Deporte. Antes de solicitar a inscrición no rexistro dunha entidade deportiva debe terse en conta que esta non pode utilizar ningún termo relativo a outro tipo de entidade diferente que poida inducir a erro ou confusión, nin utilizar ningunha denominación igual ou similar á doutra entidade xa rexistrada; tampouco poderán usar os símbolos ou emblemas doutras entidades ou asociacións, polo que sería conveniente que os interesados se poñan en contacto coa Secretaría Xeral ou os servizos de Deporte para preguntar se a denominación elixida xa pertence a outra entidade.

O trámite para a creación dun club deportivo deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946A “Rexistro de entidades deportivas”, e deberá achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
  • Acta de constitución da entidade deportiva.
  • Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
  • Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
  • Estatutos da entidade. Os estatutos deben estar asinados en todas as follas por todos os fundadores.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.
  • Para o caso de constitución de entidades deportivas por persoas xurídicas deberán achegar, ademais da fotocopia compulsada da escritura de constitución de cada persoa xurídica, a acreditación do poder de cada un dos representantes das persoas xurídicas fundadoras ou promotoras do club deportivo.
  • Certificación negativa de denominación.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. – (Acceso directo a iniciar taxa)

Documentación que debe presentarse para a creación das seccións deportivas

A través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
  • Fotocopia dos estatutos propios e do acordo da súa creación.
  • Certificado do acordo expreso do órgano de goberno da entidade pública ou privada correspondente, que manifestará a súa intención de crear esta sección, a súa forma de organización, o réxime de administración e o resto dos requisitos previstos na normativa deportiva.
  • Os datos dos promotores ou representantes legais.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. – (Acceso directo a iniciar taxa)

Modificación do rexistro

Este é o procedemento que debe seguirse para comunicarlle ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia as modificacións xurdidas nunha entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas. Procedemento en sede electrónica PR946B “Modificacións do rexistro de entidades deportivas”,

Documentación que debe presentarse

Sempre a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946B “Modificacións do rexistro de entidades deportivas”, deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Solicitude normalizada.
  • Fotocopia da acta da Asemblea da entidade na que se acorden as modificacións ou certificación expedida polo secretario co Vº e prace do presidente, onde conste a modificación.
  • Para o caso de modificación de estatutos, versión íntegra do texto estatutario asinadas todas a follas polo presidente e o secretario da entidade.
  • Xustificante de ter aboado as taxas.

Só xeran pago de taxas os seguintes cambios:

  • Creación de seccións deportivas (sempre que non as pagaran no Rexistro de Asociacións; neste caso deberá xustificarse).
  • Modificación de estatutos.
  • Cambio de denominación.

Non xeran pago de taxas:

  • Cambio de xunta directiva.
  • Cambio de domicilio social.

*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. – (Acceso directo a iniciar taxa)

Códigos das taxas

  • Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: 04
  • Servizos centrais: 13
    • A Coruña: 10
    • Lugo: 20
    • Ourense: 30
    • Pontevedra: 40
    • Vigo: 41
  • Secretaría Xeral para o Deporte: 06
  • Inscrición no rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe: 10,26 euros
  • Modificacións do rexistro de asociacións deportivas: 300200. Importe: 5,18 euros
  • Dilixenciado libros: 300100. Importe: 5,18 euros
  • Certificados: 300401. Importe: 3,15 euros

Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro:

Servizos Provinciais de Deportes de Ourense
Avenida de La Habana, 79 – 4º
32004 Ourense
988 386 050
988 386 051
deportes.ourense@xunta.es
http://deporte.xunta.gal

Documentos

2020 Legalización dos libros das entidades deportivas
2020 Modelo de estatutos dun club

Ligazóns

Rexistro de entidades deportivas no portal Abert@s da Xunta de Galicia (permite a descarga directa do rexistro en .csv)
Modelo dunha acta fundacional dun club
Modelo de relación dos membros da xunta directiva
Modelo de aprobación dos estatutos dun club
Modelo de certificación para modificacións no rexistro
Modelo de solicitude para certificación negativa de denominación

Fonte: Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte.