Éxito de participación no II Descenso Internacional de Piragüismo Ourense, a Provincia Termal

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá en Cenlle na entrega de premios da II edición do II Descenso Internacional de Piragüismo Ourense, Provincia Termal, competición que conta co apoio do goberno provincial e que sumou unha participación de 200 deportistas. César Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o delegado en Ourense da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.

O vencedor absoluto da proba foi o tudense Iván Alonso Lage do Club As Torres- Romaría Viquinga campión Mundial de Maratón; o segundo clasificado foi o padeeiro da selección arxentina de piragüismo Manuel Garaycoechea do Club Regatas Uruguai, e o terceiro clasificado, o portugués Rodrigo Ferreira Santos do Clube Fluvial Vilacondense.