Luis Menor

Hai xa tempo que o deporte deixou de ser un único sinónimo de actividade física. Falar hoxe de deporte é sinónimo de saúde, de benestar, de relacións sociais, de alternativas para o tempo de lecer e, tamén, de turismo.

Todos saben do esforzo que a Deputación de Ourense vén realizando desde hai anos en materia deportiva, tanto nos seus propios centros como apoiando a clubs, deportistas de nivel, mantendo competicións como as Copas Deputación ou apostando por colaborar na renovación e creación de novas infraestruturas, entre outras moitas accións

Entre esas iniciativas atópase, ademais, o espazo que conseguiu facerse Ourense no mundo da competición acollendo probas e torneos nacionais e internacionais de diversas disciplinas e renome.

Mirando cara ao futuro, a Deputación de Ourense non só manterá esta absoluta implicación co mundo do deporte, senón que seguirá apostando por todas aquelas accións que, desde todas as vertentes -actividade física, benestar, saúde e turismo- axuden a situar a provincia como referente deportivo.

Esta web é un exemplo dese compromiso e como presidente da Deputación de Ourense compráceme deixar esta mensaxe a todas aquelas persoas que confían e colaboran con esta institución para impulsando o deporte

Luis Menor Pérez
Presidente Deputación Provincial de Ourense