Menú
Pechar

Máis de 500 deportistas participarán en Barra de Miño no campionato galego de piragüismo

27/04/2017. O Campionato galego de Inverno de Embarcacións de Equipo chega o vindeiro sábado, 29 de abril, a Barra de Miño (Coles), para barcos de equipo (K-2 e C-2), cunha participación de máis de 500 piragüistas procedentes de 34 clubs.

A Xunta de Goberno da Deputación aproba preto 300.000 euros en axudas para temas de deporte, cultura, infraestruturas e medio ambiente

21/04/2017. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou un total de 298.547 euros en axudas para concellos e entidades da provincia de Ourense, destinadas a temas de deporte, cultura, infraestruturas e medio ambiente.

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” acollerá a VIII Copa Galicia Internacional de Ximnasia de Trampolín

20/04/2017. Asemade, celebrarase o Encontro de Seleccións Internacionais, nas categorías de Junior e Senior, de Holanda, Portugal e España, desde o día 21 ao 23 de abril.

O 7º Torneo Internacional Veteranos “Cidade de Ourense” de Balonmán homenaxea ao Club “Balonmano Pabellón” 86-87

20/04/2017. A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que terá lugar o vindeiro sábado, 22 de abril, no Pavillón Municipal “Os Remedios”.

Presentación do VI Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica “Vila de Ribadavia-Ourense Provincia Termal”

10/04/2017. A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que terá lugar os días 13, 14 e 15 de abril, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”.

Presentación da terceira proba do Campionato de España de Cross Country de motociclismo

07/04/2017. A proba deportiva terá lugar o vindeiro domingo, 9 de abril, no Concello do Irixo.