IX BTT Maceda 2017 – Gran Premio Ourense Termal – Open de España BTT XCO COFIDIS

BTT -

Copa Deputación Copa Deputación

Maceda
06/05/2017
09:00
Maceda
07/05/2017
09:00

Última proba puntuable para o Open de España BTT XCO COFIDIS que se disputará en Maceda, os días 6 e 7 de maio, no mesmo circuíto, situado na zona do río de Maceda, que o pasado verán acollía os Campionatos de España BTT XCO. Proba de carácter internacional que contará coa presenza dos mellores bikers españois, entre eles o local Pablo Rodríguez Guede (MMR), o medallista olímpico Carlos Coloma (Mondraker), o olímpico David Valero (MMR), así como corredores e corredoras de toda España e outros países, entre eles a Selección de Portugal. A proba tamén será puntuable para o Open de Galicia BTT XCO e a Copa Deputación de Ourense.
Proba de carácter federado, para as categorías de Élite, Sub23, junior, cadetes en Masculino e Femenino, así como Master 30, 40, 50 e 60.

Organización

Club Ciclista Maceda

Contacto

Club Ciclista Maceda
Xulio Conde
Director Técnico
Rúa As Canteiras, 21 Bis Maceda
617 961 591
ccmaceda@gmail.com
http://ccmaceda.blogspot.com/

Resultados / Clasificación

Clasificación IX BTT Maceda 2017 - Gran Premio Ourense Termal - Open de España BTT XCO COFIDIS