2º Winter Training Camp Trail – AVIVA
Atletismo, Deportes de Montaña - Tempada 2015/2016
Campus de adestramento trail, dirixido a corredores/as de montaña que empecen nesta disciplina así como tamén cun nivel avanzado, haberá tres grupos, mulleres, iniciación e avanzado. Durante os dous días realizaranse tres entrenos prácticos para explicar diferentes técnicas. Será ante todo un fin de semana entre corredores onde poder aprender máis sobre correr por montaña, sen competir e compartindo experiencias. Os adestramentos prácticos e as charlas serán guiados polo corredor experimentado en longas distancias por montaña e cun amplo curriculum deportivo e que moitos de nós coñecemos e admiramos, Salvador Calvo Redondo tamén acompañado por outra gran corredora que gañou diversas competicións internacionais e que en pouco tempo evolucionou das carreiras de asfalto ao mundo da competición na montaña, Nary Ly. Organizado por segundo ano e co éxito da edición anterior por AVIVA Outdoor Sports Center nas súas magníficas instalacións na zona de montaña da reserva transfronteiriza do Gerés-Xurés.
Organización
AVIVA OUTDOOR SPORTS CENTER
Contacto
AVIVA OUTDOOR SPORTS CENTER
As Maus de Salas
32880 Muíños
607 477 375
info@avivacenter.com
http://avivacenter.com/
Localización
AVIVA OUTDOOR SPORTS CENTER