O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe no estadio do Couto ao encontro disputado entre a UD Ourense e o Betanzos CF, correspondente á xornada 28 do Grupo A da Terceira División.
O partido é o primeiro que se disputa tralas obras de reforma e modernización executadas nas instalacións ourensáns do Couto pola Xunta de Galicia.