Últimos días para inscribirte nesta proba que organiza o Inorde, co apoio de Turismo de Galicia, do 10 ao 12 de xuño.
Iván Raña, campión mundial e dobre campión europeo en triatlón, será o padriño oficial da segunda edición da “Xurés Bike Tour”, que organiza o Inorde co apoio de Turismo de Galicia. Os afeccionados ao ciclismo de montaña que queiran descubrir dos encantos paisaxísticos, naturais, termais e gastronómicos da zona do Xurés aínda están a tempo de inscribirse ata o vindeiro 6 de xuño, a través da páxina web https://www.xuresbiketour.
Este evento deportivo, que se celebrará do 10 ao 12 de xuño, aspira a converterse nunha das probas de referencia por etapas do panorama BTT no norte de España. Os participantes percorrerán diferentes lugares dos municipios de Muíños, Lobios, Montalegre, Entrimo, Lobeira e Bande.
A “Xurés Bike Tour” non persegue tan só un fin deportivo, senón que pretende alongar a estadía dos participantes cun evento que se desenvolve ao longo de tres días. O obxectivo é que os asistentes poidan gozar dos recursos turísticos que ofrece esta contorna ourensá e portuguesa en grupo ou familia.
O deportista Iván Raña, un referente no ámbito deportivo, atesouro no seu palmarés tres medallas no campionato mundial de triatlón, prata no campionato mundial por relevos, tres medallas no campionato mundial europeo de triatlón, logrou en dúas ocasións o quinto posto nos Xogos Olímpicos de Sidney e Pekín, e foi ouro no campionato mundial de acuatlón.