O Pazo dos deportes “Paco Paz” é unha instalación deportiva dependente da Deputación provincial de Ourense, que abre as súas portas, no ano 1988. Dende aquela a súa vocación segue sendo a de ofertar ós cidadans de Ourense unha variada gama de servizos deportivos.

Por unha banda dar cabida a eventos deportivos de alto nivel e espectáculos culturais e recreativos, pois a súa pista principal posue un aforo de máis de cinco mil espectadores, salas e cabinas de prensa e un pavillón auxiliar, comunicado mediante un túnel, no que se atopa unha pista polideportiva, salas de xuntas e oficinas. En ámbalas dúas pistas realizanse a diario adestramentos e encontros de equipos.

Por outra banda, e por mor das adaptacións e reformas realizadas nos últimos anos, no interior das súas instalacións que se foron adaptando para ofertar programas de fitness para adultos, escolas deportivas para nenos, dúas pistas polideportivas para adestramentos e encontros de equipos, cursos de formación para técnicos deportivos, etc.

Datos de contacto

Pazo dos Deportes Paco Paz
Finca Sevilla, s/n
32005 Ourense
 988 317 900
http://www.pazopacopaz.es
Facebook
@PazoPacoPaz
@PazoPacoPaz

 

Pazo dos Deportes Paco Paz