Axudas a concellos e entidades da provincia por importe de máis de 150.000 euros para Deporte, Cultura e Infraestruturas

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 153.464 euros en axudas para concellos e entidades da provincia de Ourense destinadas a temas de Deporte, Cultura e Infraestruturas. Así o informou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 6 de outubro.

En concreto, en materia de cooperación cos concellos da provincia de Ourense na xuntanza aprobouse unha axuda para o Concello de Beariz por importe de 14.800 euros destinada a reformas de centros sociais de As Antas, Muradás e Beariz, para o Concello de Monterrei, aprobouse unha axuda de 30.000 euros para a conservación e mantemento do seu Castelo e, por último, para o Concello de Nogueira de Ramuín, 9.680 euros, para obras de mellora de accesibilidade ao embarcadoiro de Santo Estevo.

No apartado de cooperación con entidades da provincia de Ourense, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 10.000 euros para a Agrupación Músico Vocal Son do Sil para actividades polo X aniversario da entidade. Para a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense aprobou unha axuda de 12.000 euros para gastos de funcionamento correspondentes ao ano 2017 e para a Fundación Aquea Querquennae Vía Nova, aprobou unha axuda de 49.984 euros para o proxecto de recrecemento e consolidación das ruinas no campamento romano de Aquis Querquennis. Pola súa parte, a Fundación Araguaney Puente de Culturas recibirá unha axuda de 6.000 euros destinada á Mostra de Cinema Euroárabe.

Continuando no apartado deportivo, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 12.000 euros para a Escudaría Barbadás Clube Deportivo, para o desenvolvemento da proba “Rally Mix Barbadás” do ano 2014 e 2015. Mentres que, para a Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas aprobou unha axuda de 9.000 euros destinada a Escolas Deportivas correspondentes ao ano 2017.

Resolución

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2017, polo que concede un total de 149.999 euros en axudas a 114 entidades da provincia destinadas a diversas iniciativas culturais.

Por último, na reunión aprobouse a expropiación forzosa para a execución da obra de paseos peonís na OU-0215 Toén-Arnoia, no termo municipal de Arnoia.