O deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación do evento, que se celebrará este sábado no Paco Paz.
Trátase dun programa de baloncesto xuvenil que ensina aos mozos habilidades de xogo e valores como o traballo en equipo e o respecto.
O deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación do Torneo Júnior NBA WNBA FEB 3X3, que se celebrará este sábado, 10 de maio, no Pazo dos Deportes Paco Paz
A presenza en Galicia desta cita conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e a Deputación de Ourense. Preto de 300 rapaces de toda Galicia desfrutarán do baloncesto 3×3 vinculando a experiencia ao universo NBA/WNBA. Os rapaces vestirán as cores dos equipos NBA nun evento con acceso libre.
NBA/Jr. WNBA é o programa global de baloncesto xuvenil da liga para mozos e mozas que ensina as habilidades fundamentais, así como os valores fundamentais do xogo (traballo en equipo, respecto, determinación e comunidade) para axudar a crecer e mellorar a experiencia do baloncesto xuvenil de xogadores, adestradores e pais.
A cita de Ourense é a segunda das tres que nesta edición se vivirán en España. A primera delas, xa celebrada en Extremadura o pasado 26 de abril. A terceira será en Tenerife o 17 de maio.