Os concellos ourensáns que forman parte do itinerario do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa seguen traballando para que sexa incluída nos roteiros xacobeos. Por este motivo, organizaron este 28 de abril unha gran peregrinación cunha numerosa participación de persoas para dar visibilidade ao histórico traxecto. Saíu unha camiñata de cada un dos municipios para percorrer uns dez quilómetros e posteriormente reunirse en Celanova, onde se leu un manifesto sobre a súa inclusión na rede de Camiños de Santiago, que supoñería un gran impulso para o turismo e a economía dos municipios polos que discorre.
No percorrido que partiu desde os hórreos de A Merca participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández.