O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Castrelo de Miño, na presentación da XIV Regata de Avión-Castrelo de Miño, Copa Deputación de Ourense 2024.
A proba, que tamén é puntuable para o Campionato provincial de Piragüismo 2024, disputarase o 4 de agosto, a partir das 11.00 horas, no parque náutico de Castrelo de Miño.