“Deporte, turismo, natureza e por riba de todo solidariedade, son as razóns que moven un ano máis aos organizadores da III Andaina solidaria da Peroxa para poñer en marcha unha iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense e na que destaca o seu alto grao de compromiso social”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández na presentación deste evento, que terá lugar o vindeiro domingo, 13 de maio, ás 9.30 horas.
No acto de presentación, celebrado hoxe no Pazo Provincial coa participación ademais do tenente de alcalde do Concello da Peroxa, José Manuel Rodríguez, e de Delfín Campos, presidente da Fundación Neuroburgas, detalláronse os percorridos da andaina –de 8 e 17 quilómetros-, que terán como punto de partida e regreso a praza do Concello e que discorrerá polo “Camiño da Coroa” do municipio da Peroxa. A recadación da inscrición, cun custe de 5 euros, irá destinada á Fundación Neuroburgas.