PARQUE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO

As mellores condicións para os deportes náuticos.

Parque Náutico de Castrelo de Miño
Avenida Alejandro Ferrer, s/n
32430 Castrelo de Miño – Ourense
988 493 245
Facebook
@nauticocastrelo

 

CLUB NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO

O Club Náutico e o corazón do Parque e conta con instalacións, material e persoal cualificado para ofrecer unha importante oferta de actividades Náuticas:

Escola de Deportes Náuticos. Vela, Remo, Piraguismo e Windsurf

Aluguer de material por horas

  • Pedaletas
  • Táboa winsurf
  • Táboa Padelsurf
  • Piraguas
  • Embarcación a vela
  • Lancha a motor. (Equipos e Federacións)
Club Náutico de Castrelo de Miño
Avenida Alejandro Ferrer, 2
32430 Castrelo de Miño – Ourense
988 493 114 – 676 484 150
info@clubnauticocastrelo.es
 http://www.clubnauticocastrelo.es/
Facebook

 

ALBERGUE MUNICIPAL

Albergue Municipal cunha capacidade de ata 56 prazas xestionado polo Concello de Castrelo de Miño. Ideal para campamentos escolares, grupos ou equipos deportivos.

Dispón de sala de reunións, lavandería, comedor, oficina, aseos e cociña na primeira pranta.

Na pranta superior atópanse as habitacións. Todas exteriores cunha capacidade entre seis e duas camas con taquillas individuais. Completan as instalacións 4 aseos con baño, duchas e lavados e 2 aseos adaptados para discapacitados.

 

CATAMARÁN

Durante os meses de Xullo e Agosto está operativo o servizo de ruta en catamarán.

Cunha capacidade máxima de dez pasaxeiros ofrece un servizo pouco másivo e personalizado. O prezo para as persoas non empadoadras no Concello é de 10€ para un recorrido de aproximadamente duas horas remontando o río Miño ata a altura do balneario de Laias.

Tamén está dispoñible reservar un recorrido para grupos a partir de 5 persoas.

 

RUTA DE SENDEIRISMO E BTT

O Parque Náutico é punto de partida dun sendeiro perfectamente sinalizado que sube ata o Coto de Novelle. Nun percorrido de 17 kilometros atravesamos paraxes agrícolas e forestais combinando elementos do patrimonio cultural e natural con impresionantes vista do Val do Miño. Petroglifos, igrexas, fontes, miradores e viñedos.

Máis información:
 Wikiloc