Centros BTT

UN NOVO PRODUTO QUE INCENTIVA O DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO SOSTIBLE E RESPECTUOSO CO MEDIO E QUE AXUDARÁ A DESESTACIONALIZAR OS FLUXOS TURÍSTICOS.

Centros BTT Galicia é un proxecto a medio prazo que pretende dotar á Comunidade Autónoma de Galicia dunha rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo (BTT). Un Centro BTT é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para usuarios da BTT, que posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da práctica da bicicleta de montaña.

Estos centros dispoñen dos seguintes servizos:

  • Unha rede de rutas que suman máis de cen quilómetros de circuítos en cada Centro BTT, con diferentes niveis de dificultade.
  • Percorridos perfectamente sinalizados.
  • Punto de Acollida que ofrece servizos para a bicicleta e que tamén facilita información turística.
  • Zona de aparcadoiro no punto de acollida, puntos de lavado de bicicletas, servizos e duchas, e aluguer de bicicletas.
  • Punto de inicio de cada ruta con información técnica destas e zona de aparcadero.
  • Material gráfico con cartografía, informacións técnicas e de interese turístico de cada ruta.

Máis información sobre:

Centros BTT Galicia
Centro BTT Allariz – Vilar de Santos
Centro BTT Portas de Galicia
Centro BTT Ribeira Sacra
Centro BTT Serra do Xurés
Centro BTT O Salnés
Travesías BTT Galicia