
No parque náutico de Castrelo de Miño, onde se presentou esta proba, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que a regata “vai marcar un fito histórico ao que se sumará no 2022 a celebración da Coup de la Jeunesse, todo un desafío organizativo para a capital do deporte náutico en Galicia, cuxas instalacións van experimentar unha importante mellora co apoio da Deputación, para converter a este lugar nun centro deportivo e turístico de primeira orde”.
O río Miño, ao seu paso por Ourense, protagonizará dúas das tres etapas da regata máis longa da historia do piragüismo en Europa, a Gold River Race, presentada hoxe no parque náutico de Castrelo de Miño coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que destacou o apoio da institución provincial “na liña dun dos obxectivos que nos marcamos, que non é outro que potenciar o deporte vencellado á natureza e ao turismo, coa compoñente de desenvolvemento económico e social que implica”.
Baltar, acompañado polo vicepresidente da Deputación e responsable dos asuntos para O Ribeiro, César Fernández, subliñou que a Gold River Race “vai marcar un fito histórico ao que se sumará no 2022 a celebración en Castrelo de Miño da Coup de la Jeunesse”, unha das probas máis importantes do calendario europeo de remo. Todo un desafío organizativo, dixo, “para a capital do deporte náutico en Galicia, cuxas instalacións van experimentar unha importante mellora co apoio da Deputación, para converter a este parque nun centro deportivo e turístico de primeira orde”.
Para o presidente provincial, esta regata de piragüismo permitirá demostrar “a calidade das nosas augas, “que nun entorno termal como Laias acollen o centro de adestramento de remo, escollido polas mellores seleccións internacionais para preparar os campionatos internacionais máis importantes e mesmo os Xogos Olímpicos”.
Coa presenza tamén dos alcaldes dos concellos por onde discorrerá a proba -Manuel Seoane da Peroxa; Ricardo González de Toén; e José Manuel Rodríguez de Cenlle, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, reivindicou “o noso mar interior, onde o piragüismo e remo danse a man nun entorno aberto a todos os deportistas e visitantes”.
Na presentación da Gold River Race tamén participaron Francisco García de Bobadilla, presidente do comité organizador; Carlos Díez en representación de Abanca; e Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, que defenderon a posta en valor da Galicia dos mil ríos a través dun proxecto ambicioso a nivel internacional, que permitirá comprobar que a comunidade galega é o lugar do mundo con máis practicantes deste deporte en relación ao número de habitantes.
Representantes das deputacións de Lugo e Pontevedra, dos concellos de ambas as dúas provincias que acollerán as tres etapas e de clubes fluviales e náuticos galegos asistiron tamén á presentación oficial da regata, que conta ademais co apoio do Xacobeo 21-22. Con 100 quilómetros de percorrido, Os Peares será a meta da primeira etapa, o 25 de xuño, disputándose a segunda o día 26 entre Ourense e Castrelo de Miño e finalizando ao día seguinte en Salvaterra.