Os xogadores da Selección Española de fútbol sala, atenderon esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, aos afeccionados que se achegaron ata as instalacións da Deputación de Ourense, na procura dun autógrafo ou dunha foto cos xogadores. Trátase do último encontro que a selección terá coa afección antes do partido internacional que disputarán mañá xoves, 28 de xullo, ás 20.30 horas, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, contra a Selección de Exipto, e que será o primeiro partido de preparación de cara ao Mundial “Colombia 2016”.
As entradas para asistir a este encontro deportivo de primeiro nivel, poden ser adquiridas no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” ou no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, por un custo de 5 euros para maiores de 16 anos, de 2 euros para rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos, e gratuíto para os menores de 6 anos.