O XI Rally Ourense Ribeira Sacra 2023 e III Memorial Roberto Soto trae esta fin de semana o mellor do motor galego, co apoio da Deputación

Esta proba, puntuable no Campionato Galego de Rallies, foi presentada esta mañá na Ponte Romana coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández.

O venres 15 de setembro disputarase o tramo en Castro de Beiro e o sábado 16 de setembro, a proba discurrirá nos tramos Maceda-Baldrei, A Tapada-Luintra, Castro-Lobaces e Melias-Luíntra.

O entorno da Ponte Romana da cidade acolleu esta mañá a presentación do XI Rally Ourense Ribeira Sacra 2023 e III Memorial Roberto Soto, proba que forma parte do Campionato Galego de Rallies e que terá lugar o venres e o sábado, 15 e 16 de setembro, respectivamente.

Á presentación desta proba, na que están inscritos 146 vehículos, acudiu en representación da Deputación o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, quen salientou “a importancia que teñen estas probas para a dinamización e posta en valor do territorio da nosa provincia”.

Na primeira xornada, a do venres 15 de setembro, a proba disputarase no tramo de Castro de Beiro. Ao día seguinte, o sábado 16 de setembro, a competición desenvolverase nos tramos Maceda-Baldrei, A Tapada-Luintra, Castro-Lobaces e Melias-Luíntra.