O vicepresidente Segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos, na presentación da “Ribeira Sacra MTB Experience”, unha competición de mountain bike que se disputará do 24 ao 26 de maio.
A competición consta de tres etapas, abrindo as portas a participantes individuais, parellas e equipos de MTB. Con sedes situadas estratexicamente nos concellos de Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Esgos e Xunqueira de Espadanedo, en pleno corazón da Ribeira Sacra, converténdose nunha experiencia única para os amantes deste deporte.
Este evento deportivo, que atrae a numerosos participantes e espectadores, contribúe a promover o turismo local nos territorios que acollen a proba e reforza a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.