O presidente provincial asiste á final do IV Torneo Internacional de Fútbol Sala Feminino Deputación de Ourense – Concello de Cartelle

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta tarde á gran final do IV Torneo Internacional de Fútbol Sala Feminino Deputación de Ourense – Concello de Cartelle que se disputou este fin de semana no pavillón Piño Vilachá en Outomuro. Ao remate, foi o encargado de entregarlle o premio ás gañadoras do Torneo, ás deportistas do Melilla Torreblanca.