O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao Club Ximnasia Burgas, campións nacionais de ximnasia senior

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo director da área de Deportes da Deputación e polo asesor de Deportes, Marcos Vázquez e Quique Álvarez, respectivamente, recibiron hoxe no Pazo Provincial a unha delegación do Club Ximnasia Burgas que recentemente se proclamou Campión Nacional por equipos en categoría Senior Base no Campionato de Ximnasia Acrobática.

O presidente provincial felicitou a todo o Club por “todos os éxitos logrados ao longo da súa traxectoria que está ligada desde os seus comezos ao Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación, onde o equipo adestra”.

Pola súa parte, a adestradora do Club Ximnasia Burgas, Isaura Hermida, que acompañou aos deportistas na visita ao Pazo Provincial, puxo en valor o traballo realizado ao longo dos anos por este equipo que atesoura na súa historia dous récords mundiais feminino e masculino e que logrou desde 1990 ata a actualidade ter sempre algún campión de España.