O presidente da Deputación participa en Xinzo de Limia no corte da cinta da terceira etapa da volta ciclista O Gran Camiño

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta mediodía no corte de cinta previo á saída da terceira etapa da volta ciclista “O Gran Camiño”, con inicio en Xinzo de Limia e final en Ribadavia.

Con anterioridade, Luis Menor fixo entrega de senllos obsequios a dous ciclistas do pelotón: o verinense Andres Taboada, do equipo Tavfer, e ao corredor danés e dobre campión do Tour de Francia, Jonas Vingegaard, do Team Visma, líder da proba galega.