O Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu a Gala de Nadal do programa Pazo Escolas Deportivas 2022

O Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu esta tarde a Gala de Nadal das Pazo Escolas Deportivas 2022, unha iniciativa do Servizo de Deportes da Deputación que ten como obxectivo “a iniciación deportiva cun carácter lúdico e educativo, onde a obtención de valores e o desenvolvemento persoal son piares fundamentais”, segundo resaltou o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, durante o transcurso da gala.

A Gala de Nadal abarcou exhibicións de minibasquet, voleibol e hockey ou torneos de bádminton, tenis de mesa e fútbol sala. Ao rematar estas exhibicións, procedeuse a unha entrega de agasallos aos participantes e a unha merenda conxunta.

Desde o Servizo de Deportes da Deputación queren agradecer con este gala aos rapaces “a súa constancia e o bo comportamento”, mostrándose “orgullosos pola súa evolución no campo deportivo e educativo”.