O “Desafío 42 – Ourense Termal” abre as súas inscricións este martes 1 de marzo

A proba constará de 3 carreiras que sumarán 42 kilómetros: 6 kms. de Maceda, 15 kms. Nocturna de Ourense – Banco Mediolanum e Media Maratón de Allariz.

Os inscritos poderán disputar as 3 etapas ou só algunha delas. Ademais tamén se permitirá a participación en equipo, enviando un representante a cada unha das distancias.

O desafío tamén incluirá carreiras gratuítas para os menores de idade nas tres localidades.

A III Edición do Desafío 42 – Ourense Termal volverá a converter a provincia de Ourense na capital do atletismo popular o fin de semana do 14 e 15 de maio. Termalismo, turismo e deporte volverán ir da man nesta competición de 42 kilómetros, dividida en tres carreiras, que este ano se celebrará en Maceda, Ourense capital e Allariz.

O desafío dará o seu pistoletazo de saída cos 6 kms. de Maceda o sábado 14 de maio ás 16.00 horas nunha carreira polas rúas da localidade. Ás 21:00 horas dese mesmo día, a competición trasladarase á capital ourensá para a disputa da segunda etapa: 15 kms. Nocturna Ourense – Banco Mediolanum. A distancia estrela, 21 kilómetros, reservarase para o domingo pola mañá. Desde as 10:30 horas, os atletas afrontarán o Media Maratón de Allariz para poñer o broche de ouro ao desafío. Entre os máis rápidos, a organización repartirá máis de 2000€ en premios.

As inscricións para o Desafío 42 – Ourense Termal poderanse realizar desde este martes 1 de marzo ata o 10 de maio na web www.championchipnorte.com, mediante transferencia bancaria ou de forma presencial en Serviocio Eiroás Ourense. Durante os 3 primeiros días, os participantes poderán beneficiarse dun prezo reducido de 25€ para a participación en todo o desafío. Os que opten por só una das distancias partirán dun prezo de 6€ para a proba de Maceda e 10€ para a 15 kms. Nocturna de Ourense e o Media Maratón de Allariz.

Os participantes poderán disputar as tres probas ou só una delas, optando no segundo caso só á clasificación individual de cada carreira. Con todo, tamén haberá unha clasificación xeral na que se incluirán aos valentes que completen todo o percorrido, ademais dunha clasificación por equipos. E é que no Desafío 42 – Ourense Termal tamén se poderá participar formando unha escuadra (obrigatoriamente mixta) de 3 persoas. Neste caso, o equipo estará representado en cada unha das distancias por un dos seus integrantes.

O Desafío 42 – Ourense Termal está organizado por Qualité Sport Events e AD Top Ten Sports en colaboración coa Deputación de Ourense e o apoio de Banco Mediolanum, entidade recentemente instalada na capital ourensá e moi vinculada ás probas deportivas. Na web www.desafio42.com e nas RRSS do evento os atletas terán información ampliada do evento.

D3SAFÍO 42 – Ourense Termal