O Campionato Galego de Remo reúne este domingo a un centenar de deportistas no Parque Náutico de Castrelo de Miño

A proba tamén servirá de preparación para o campionato de España que se celebrara a próxima fin de semana neste mesmo espazo.

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá o domingo, día 13, o Campionato Galego de Remo de Longa Distancia coa participación dun cento de deportistas pertencentes a doce clubs, nunha proba que tamén servirá de preparación para o campionato de España que se celebrara a próxima fin de semana neste mesmo espazo.

A proba foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente e representante da institución para a cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e o tenente alcalde, José Antonio Ferreiro; e a presidenta e malo director técnico do Club Náutico, Beatriz Alberte e Gabriel Fernández.

O campionato, que se desenvolverá en xornada matinal, consta dun percorrido de 5,5 quilómetros de lonxitude, en sentido descendente pola pista de regata do parque náutico. O centenar de inscritos pertencen ás categorías de cadete, junior, senior absoluto e remo adaptado, e só utilizarán embarcacións individuais ou dobres.