O asesor de Política Deportiva participa na presentación da Copa Deputación de Ciclocross de Maceda

O asesor de Política Deportiva, Diego Enrique Álvarez, participou na presentación da Copa Deputación de Ciclocross de Maceda, un dos eventos deportivos consolidados na provincia.

Trátase dunha nova edición da proba que leva o nome do castelo da localidade. É a edición número dezasete do evento deportivo, que se celebrará este domingo, 22 de decembro, a partir das 10.00 horas.