O asesor de Política Deportiva, Diego Enrique Álvarez, participou na presentación do Torneo Solidario de Fútbol de Bande

O asesor de Política Deportiva da Deputación de Ourense, Diego Enrique Álvarez, participou esta mañá na presentación do torneo de fútbol solidario, de categoría alevín, que organiza o Concello de Bande e co que colabora a institución provincial.

O torneo, que está destinado a recaudar fondos para o Banco de Alimentos de Bande, celebrarase mañá, sábado 28 de decembro, no campo do Outeiro da localidade. A alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, e o organizador do evento, Alejandro Domínguez, deron todos os detalles do torneo na presentación celebrada no centro cultural Marcos Valcárcel.

A xornada arrancará ás 10 da mañá, cunha previsión de preto de 150 rapaces participantes de toda a provincia.