Muíños reúne este sábado a 630 rapaces no Campionato Galego de Inverno de Xóvenes Promesas en K1 e C1

A competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo co apoio da Deputación de Ourense, conta cunha inscrición de 41 clubs galegos.

Esta xornada de competición é a antesala do Campionato de España de Xóvenes Promesas, que terá lugar este mes en Arcos de la Frontera.

O complexo deportivo de O Corgo, no concello de Muíños, acolle este sábado, 11 de marzo o Campionato Galego de Inverno de piragüismo de novas promesas en K1-C1, organizado pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Muíños e a Xunta de Galicia.

A competición, que engloba ás categorías cadete e infantil, dará comezo ás 10,00 horas deste sábado e contará cunha participación de 636 deportistas pertencentes a 41 clubs de toda Galicia.

O percorrido das probas será de 3.000 metros na categoría infantil e 5.000 metros na categoría cadete. Esta xornada de competición será a antesala do Campionato de España de Xóvenes Promesas que terá lugar este mes en Arcos de la Frontera.