María del Carmen González participa na presentación da Copa España de Augas Bravas, no Barco

A deputada Provincial e delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, participou hoxe na presentación da Copa España Augas Bravas, no Malecón do Barco de Valdeorras.

A deputada Provincial e delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, participou hoxe na presentación da Copa España Augas Bravas, no Malecón do Barco de Valdeorras.

Organizado pola Federación Galega de Piragüismo, desenvolverase os días 5 e 6 de abril, con varias competicións.

A Deputación de Ourense mantén o deporte como unha das súas áreas estratéxicas, apostando por acoller na provincia eventos deportivos de primeiro nivel coma o que se presentou hoxe.