O director da área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou na presentación dunha nova edición da carreira San Silvestre do Concello de Ourense.
Como cada ano, percorrerá o casco histórico da cidade na última tarde do ano, o 31 de decembro. Os corredores deberán completar dúas voltas a un circuito urbano, con inicio e final na rúa do Paseo.