Manuel Baltar recibe a membros da directiva da UDO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho no Pazo Provincial, ao presidente e ao vicepresidente da Unión Deportiva Ourense, Ramón Dacosta e Manuel Cabaleiro, para analizar a situación actual do club ourensán. Na xuntanza, o presidente do goberno provincial comprometeuse a colaborar coa UDO, nos vindeiros anos, para dotala das infraestruturas deportivas que demandan desde a propia directiva. A Unión Deportiva Ourense é “un equipo que representa moito máis ca un club de fútbol en Ourense, que conta cunha gran masa social e un destacable labor de canteira”, destacou Baltar.