Manuel Baltar recibe á deportista ourensá Vanessa Sotelo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, a Vanessa Sotelo, recentemente campioa de Europa a nivel de seleccións en fútbol sala e mellor xogadora do torneo, a quen felicitou “polo seu traballo que xa deu os seus froitos e por presumir con orgullo da súa provincia“. Manuel Baltar dixo que a deportista ourensá Vanessa Sotelo é “sen dúbida, unha das deportistas máis importantes de Ourense que conta cun magnífico presente e cun porvir importante” e engadiu que aínda que actualmente milita no equipo Alcorcón, “non renuncia ás súas orixes”. Vanessa Sotelo, quen visitou o Pazo Provincial acompañada polo seu pai, asinou o libro de honra da provincia de Ourense, convidada polo presidente da Deputación de Ourense.