O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta tarde unha visita ao Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde comezou o Clínic de Baloncesto, organizado pola Deputación Provincial de Ourense, da man da Federación Galega de Baloncesto e a Escola Galega de Adestradores (EGA).
A institución provincial recupera así o seu Clínic de Baloncesto que chega xa a súa XXIV edición “para continuar a ser a cita de referencia na formación de técnicos de toda Galicia”, salientou Luis Menor na súa visita.
No día de hoxe, o Clínic centrouse nun Observatorio aplicado ao Baloncesto sobre temáticas moi específicas con catro relatorios monográficos sobre a evolución de grupo en competicións FIBA: secretos de un oro, o desenvolvemento do talento enfocado ao alto rendemento, a comunicación e interrelación do PF dentro do staff, e sobre como construír un equipo desde a cabeza de un adestrador.
Nas vindeiras xornadas do 29 e 30 de xuño, celebrarase o Clínic convencional en varias sesións con charlas prácticas en pista de reputados profesionais que se centrarán en diferentes temáticas.