O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou aos xogadores e ao corpo técnico da Selección Masculina de Baloncesto de España, no adestramento desta mañá, horas antes de disputar un partido clave: o terceiro de clasificación para o Eurobasket 2025, que resultou en victoria para España.
O conxunto español gañou a Eslovaquia no Pazo dos Deportes, recinto que fixo historia do deporte acollendo este acontecemento. Menor celebrou dende a grada o triunfo da Selección con todos os aficionados.
Pola súa banda, o presidente provincial entregoulles un obsequio de lembranza de Ourense. Menor amosoulles o seu “orgullo” por acoller en Ourense á Selección Masculina de Baloncesto, despois de 16 anos.
Menor estivo acompañado pola presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e Óscar Graefenhain, director xeral da Federación Española de Baloncesto.