O presidente da Deputación, Luis Menor, visitou esta tarde o Pazo dos Deportes Paco Paz onde se está a celebrar o XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica “Ourense, a provincia termal”, que remata este domingo logo de tres días de competición no que participan máis de 1.400 ximnastas.
Durante a súa estadía no Pazo dos Deportes, Luis Menor impuxo a medalla de ouro a Alba Bautista, a representante española nos Xogos Olímpicos de 2024.
O presidente provincial subliñou o traballo realizado polo Club Marusia “a prol do deporte”, unha aposta que contou co apoio da Deputación de Ourense “nun evento deportivo que tamén ten a súa vertente de promoción de Ourense”, dada a presenza de ximnastas procedentes cde países como Ucraína, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Romanía, Italia, Armenia, ademais de comunidades españolas como Baleares, Andalucía, Madrid, Castela A Mancha, A Rioxa, País Vasco, Asturias e Galicia.