Luis Menor recibe no Pazo Provincial ao equipo Sincro Ourense, campións nacionais en categoría alevín

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo asesor de Deportes da institución, Quique Álvarez, recibiron esta mañá no Pazo Provincial a unha representación do equipo Sincro Ourense, campións nacionais do equipo de natación artística en categoría alevín.

Na visita ao Pazo Provincial, as deportistas estiveron acompañadas pola adestradora Elvira L. Alonso e pola presidenta do Club, Laura Rodríguez, quen puxeron en valor a importancia de que Ourense acollera o pasado mes de xuño o Campionato de España de natación artística nas categorías alevín promoción e infantil

O presidente provincial trasladoulles o seu “máximo recoñecemento” tanto ás deportistas como ao equipo técnico e directivo polo éxitos colleitados “froito dun arduo traballo e esforzo que contribúen a situar a nosa provincia nun lugar de referencia para esta disciplina deportiva”. Agradeceu a visita súa visita a “vosa casa, na que atoparedes sempre a man tendida deste goberno provincial”.