Luis Menor recibe na Deputación aos representantes da Federación Española de Baloncesto

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu hoxe na Deputación, en visita institucional, á presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar. Á reunión acudiu acompañada por representantes da federación galega como Julio Bernárdez, Ramón Lago, Miguel González (presidente e vicepresidentes primeiro e segundo, respectivamente); da federación española como o secretario xeral, Gabriel Rodríguez; ou a responsable en Ourense, María Varela.

No encontro púxose de manifesto a coincidencia de obxectivos entre a Deputación e maila Federación, entre eles a promoción do deporte base e o estudo de posibles colaboracións, no marco da cooperación da institución provincial co mundo do deporte.