Luis Menor recibe á Unión Deportiva Ourense, “un orgullo para toda a provincia e un exemplo de como lograr un soño, con moito traballo, esforzo e sen atallos”

O presidente provincial recibiu á directiva e á plantilla, -que lle presentaron o trofeo de campións de 3ª RFEF e lle entregaron una camiseta-, e garantizoulles que “a Deputación sempre estará ao carón deste proxecto que nos representa a todos”.

O presidente da UD Ourense, Fernando Currás, agradeceu “o apoio constante” da institución provincial e proclamou que “seremos esixentes e ambiciosos como club para seguir medrando”.

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu no salón de plenos da Deputación á directiva, equipo técnico e plantilla da Unión Deportiva Ourense, logo do seu ascenso á 2º RFEF. Menor rememorou “os nervios e a emoción” que viviron durante o encontro, disputado na Coruña, onde se certificou que os ourensáns eran os flamantes campións da 3ª RFEF.

Luis Menor sinalou que a UD Ourense “é un orgullo para toda a provincia e o exemplo de como lograr un soño con moito traballo, esforzo e sen atallos” e garantizou tamén que “a Deputación sempre estará ao carón deste proxecto que nos representa a todos”.

O presidente da Unión Deportiva Ourense, Fernando Currás, agradeceu “o apoio constante” da institución provincial ao conxunto ourensán e proclamou que “seremos esixentes e ambiciosos para seguir medrando”.