O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Gala Bianual de árbitros de fútbol que este ano organizou á Delegación de Ourense e que congregou ao redor de 500 árbitros de toda Galicia no Restaurante de Santa Cruz de Arrabaldo.
Luis Menor lembrou que a Delegación de Ourense conta cun gran número de árbitros e árbitras con moita proxección e chea de aire xoven e agradeceu que o seu traballo permita “levar o nome de Ourense por toda España e Europa”.
“De aquí saíron grandísimos Árbitros como foi Jorge Gómez Barril, o primeiro árbitro ourensán en pisar a primeira división do fútbol español; Bernardino González Vázquez, quen ademais foi Internacional; Vizcaya Corzo, asistente de primeira división; José Antonio Presas, segunda división; Manolo González, asistente en segunda división e agora nestes momentos Abrahán Dapía, asistente de primeira e como non Zulema González, árbitra de primeira división Iberdrola e internacional”, repasou Menor.