O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial á directiva da Federación Galega de Baloncesto encabezada polo seu presidente, Julio Bernárdez, no que supón o primeiro encontro institucional entre os representantes do goberno provincial e da entidade deportiva.
Na reunión tamén participaron o vicepresidente segundo da federación e secretario xeral, Miguel González; a directora xeral, Susana Fernández; a delegada en Ourense, María Varela; e o asesor deportivo da Deputación, Diego Enrique Álvarez.
Luis Menor y Julio Bernárdez repasaron as iniciativas nas que veñen colaborando a Deputación e maila federación, así como as actividades previstas para os próximos meses. Unha cooperación, dixo o presidente provincial, “que seguiremos mantendo no futuro”.