O presidente da Deputación, Luis Menor, felicitou hoxe aos xogadores e corpo técnico do Ourense CF, logo de conseguir o ascenso á 1º RFEF tras ganar no campo de fútbol de Oira ao Real Oviedo B na penúltima xornada de liga da Segunda Federación.
Luis Menor expresou os seus parabéns ao equipo que dirixe Rubén Domínguez, un dos mozos adestradores de moda no fútbol galego, destacando o “merecido e loitado” ascenso do club ourensán.
O presidente da Deputación destacou que este ascenso á categoría bronce do fútbol español, vai supoñer unha importante nova para o deporte ourensán, que pasará a militar a próxima tempada na mesma categoría que o CD Arenteiro, polo que ofrecerán aos afeccionados da provincia “a posibilidade de desfrutar dun derbi ourensán dentro do fútbol nacional”.