Luis Menor entrega a Copa Deputación de Fútbol Feminino ao CD Arenteiro, equipo campión da edición 2024

O presidente provincial, Luis Menor, entregou hoxe a Copa Deputación de Fútbol Feminino ao CD Arenteiro, equipo campión da edición 2024. O Estadio de O Couto acolleu esta tarde a final feminina nun disputado encontro entre os dous equipos sénior femininos da provincia: o CD Arenteiro e o EFF Rosalía.

O partido celebrouse nun gran ambiente de deportividade, na primeira final da Copa Deputación de Fútbol Feminina disputada no Estadio de O Couto, entre dous equipos que militan na Segunda División Galega Feminina. Luis Menor trasladou os seus parabéns ao equipo campión e felicitou á Federación de Fútbol pola boa organización da competición, así como á Federación de Fútbol Galega e á Delegación en Ourense.