O presidente provincial recibiu ao presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e recalcou que “un dos nosos grandes obxectivos é darlle a maior difusión posible ao fenómeno xacobeo na provincia, tratando de atraer viaxeiros que veñan a Galicia en AVE e poidan peregrinar pola Vía de la Plata para acadar a Compostela en bicicleta desde A Gudiña ou a pé desde a cidade”
O presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, manifestou sentirse “agradecido co presidente provincial por terme recibido, escoitado e amosado a súa boa disposición nos obxectivos nos que coincidimos plenamente”
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo esta mañá, na Deputación, un encontro de traballo co presidente da Acadamia Xacobea, Xesús Palmou. O obxectivo fundamental foi reforzar as as liñas de colaboración entre ambas institucións, “que xa se viñan producindo e que pretendemos intensificar”, apuntou Menor.
Estas liñas de cooperación pasan, en primeiro lugar, pola celebración dunha sesión plenaria da academia en Ourense, co obxectivo de promocionar os diversos caminos de Santiago que cruzan a provincia. “Esto é un obxectivo primordial para a Deputación, pois queremos aproveitar ao máximo o fenómeno Xacobeo, incidindo especialmente en algo moi singular como é a posibilidade a traer viaxeiros da Meseta, que chegan en AVE, algo que pode influir positivamente na Via de la Plata. Desde a súa modalidade a pé desde a cidade ou en bicicleta, baixando na Gudiña para completar os 200 kilómetros para acadar a Compostelana”, explicou o presidente provincial.
Outra das liñas de colaboración fixadas consiste en cooperar cos medios propios da Deputación nas diferentes publicacións que elabora a Academia Xacobea, “coa finalidade de darlle a maior difusión posible ao fenómeno xacobeo, en particular no que atinxe á provincia de Ourense. A boa sintonía entre ambas institucións facilita estes obxectivos, de aí que o encontro foi moi fructífero”, sinalou Luis Menor.
Pola súa banda, o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, manifestou sentirse “agradecido co presidente provincial por terme recibido, escoitado e amosado a súa boa disposición nos obxectivos nos que coincidimos plenamente”.