O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no campo de fútbol de Soutopenedo no acto de peche da décima edición da Convivencia de Fútbol, que organiza o Concello de San Cibrao das Viñas e que este ano contou coa asistencia de máis de 140 nenos e nenas.
Acompañado pola alcaldesa, Marta Nóvoa, o presidente provincial entregou as medallas de recordo –a xornada non ten carácter competitivo- aos cativos chegados das escolas deportivas de San Cibrao, Arnoia, UD Ourense, Pereiro de Aguiar e Barbadás , así como dos colexios Concepción Arenal e Franciscanas de Ourense, e do centro Xosé Luis Taboada de Carballo (Lugo).