Luis Menor celebra o éxito da terceira etapa de O Gran Camiño ao seu paso pola provincia

O presidente provincial participou esta tarde na entrega de premios aos ciclistas competidores da contra o reloxo.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na entrega de premios aos competidores da terceira etapa da proba ciclista O Gran Camiño, evento deportivo apoiado pola institución ourensá no marco do seu compromiso co deporte.

A Ponte Romana da cidade marcou o inicio dunha contra o reloxo de 15 kilómetros que rematou no Concello de Pereiro de Aguiar. O asesor de Política Deportiva da Deputación, Diego Enrique Álvarez, participou no acto que marcou a saída dos competidores.

O evento trátase dunha gran oportunidade de difusión para a provincia, un espectáculo con deportistas profesionais, nacionais e internacionais.

A Deputación seguirá impulsando competicións de primeiro nivel coma este Gran Camiño.