“La Vuelta a España” 2016 despídese de Ourense, en Maceda

“La Vuelta a España” 2016 despídese de Ourense, e faino no Concello de Maceda, lugar que acolleu a saída da sétima etapa desta competición ciclista que, tras percorrer 158 quilómetros, o pelotón chegará a Puebla de Sanabria.O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no tradicional corte de cinta que encabeza cada nova etapa desta proba, xunto ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e acompañados por multitudinarios afeccionados que non se perderon esta nova cita de “La Vuelta a España” con Ourense.

Baixo o lema “Ourense Termal – Madrid”, a 71ª edición de “La Vuelta a España” deixa unha pegada importante na historia da provincia de Ourense, escenario da presentación, saída e acollida de 4 das 21 etapas coas que conta esta competición ciclista que xunto ao Tour de Francia e o Giro de Italia, é a máis importante do mundo. En total, foron 18 os concellos ourensáns que viron pasar esta proba e que mostrou a “Marca Ourense” en máis de 150 países, pois trátase dun dos espectáculos deportivos máis vistos no mundo.