Menú
Pechar

Club Deportivo Xadrez Ourense


O Club Deportivo Xadrez Ourense fundouse en novembro de 2003, nos seus primeiros locais de galerías Viacambre, con apenas unha trintena de federados, cun único equipo na segunda división autonómica de clubs, e un ilusionado equipo de persoas, formado por uns xovencísimos monitores de xadrez e apenas dúas ducias de xóvenes xadrecistas, na súa maioría todavía nenos e nenos moi xóvenes.

Pouco a pouco o club foi medrando cuantitativa e cualitativamente, así en 2010 O Club xa dispuña dunha estructura vertical vertebrada por un equipo na máxima categoría (a División de Honra), outro equipo en primeira división, outro en segunda, varios en terceira, etc… ademais no terreo individual varios dos nosos xóvenes xadrecistas xa comenzaban a copar os podios autonómicos, destacando as figuras de Daniel López, David Gómez, Gabriel Roma, etc… que comenzaban a traer para Ourense os primeiros ouros autonómicos logrados por xadrecistas do Club Xadrez Ourense.

Na actualidade o Club Xadrez Ourense dispón de 238 licenzas federativas, das que cerca de un centenar son de mulleres, conta con 11 equipos nas categorías oficiais federativas, 10 técnicos titulados oficialmente pola FIDE, FEDA e FEGAXA.

Tamén é salientable que acostuma a ser, nos últimos anos, un dos tres Clubes de Galicia con máis representación nos campionatos autonómicos individuais (41 participantes en 2016 entre Viveiro e Padrón), así como nos campeonatos de España Individuais (16 participantes viaxaron a Granada e Linares en 2016), tamén conta con varios deportistas nos programas de tecnificación da Federación Española de Xadrez.

Os éxitos máis salientables na derradeira tempada 2016, foron, sen dúbida, a consecución do título na División de Honra por equipos, logrado por parte do Club Xadrez Ourense “A”, (primeira vez en 30 anos de competición que un Club Ourensán logra este título), así como o entorchado autonómico individual logrado por Gabriel Roma Barge en categoría Cadete, sen esquecerse do 5º posto no campionato de España Individual logrado en Salobreña (Granada), o pasado verán, por Martín Gómez Carreño.

Hai que salientar que é un dos poucos clubs que conta cun conxunto na División de Honra, e dous equipos en Primeira División autonómica.

Noutro contexto, hai que salientar o premio recibido en decembro de 2015  por parte do diario “La Región”, recoñecendo a Club Deportivo Xadrez Ourense como “MELLOR ESCOLA DEPORTIVA DA PROVINCIA”.

Datos de contacto

Rúa Ramón Cabanillas, 10 - E Local 3

32004, Ourense
Ourense

Localización

Club Deportivo Xadrez Ourense