O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, con quen mantivo unha reunión de traballo para avanzar en novas liñas de colaboración en materia de infraestruturas e equipamentos e na mellora do deporte ourensán. Na xuntanza progresaron respecto aos proxectos conxuntos das administracións que representan, nomeadamente o do Parque Acuático de Monterrei, así como certames deportivos que acollerá a provincia de Ourense no futuro. Baltar destacou o interese amosado por José Ramón Lete “en desenvolver e colaborar co noso modelo de “turismo deportivo”, que vivirá un gran pulo coa chegada da alta velocidade”, expresou o presidente Baltar.
Comunicación
Actualidade